miércoles, 12 de febrero de 2020

STAJ, nin subvencións nin cursos de formación

Ao  fío do anuncio que fixo STAJ de renunciar un ano mais a tódalas subvencións que por calquera concepto nos podían corresponder da Xunta de Galicia, a semana pasada o sindicato SPJ-USO, dentro da súa liña de agresión verbal e difamación contra este sindicato, sacou unha nota informativa, asegurando que vos “enganamos a todos”, que non é certo que non estemos subvencionados, que sí temos subvencións, pois din que contar con liberados, con locais nos centros de traballo, con ordenadores e certo  material de oficina deben considerarse subvencións.

A palabra subvención ten como significado “unha entrega de diñeiro en metalico por unha Administración a una persoa física ou xurídica, sen que exista a obriga de devolvela”, e baseándonos nesa definición ninguén pode chamarlle subvencion ao soldo que a Administración lle paga aos liberados por ser funcionarios púbicos, que non por ser delegados sindicales, debe terse en conta que a liberación é un permiso retribuido a tempo completo, polo que as retribucións que cobran os liberados son as retribucións que viñan cobrando como funcionarios, ademáis non se cobran polo sindicato, se non polo delegado/a concreto en concepto de retribución como traballador público, polo que chamarlle  a esto subvención carece do máis mínimo fundamento.

Tampouco contar con locais, moitas veces compartidos, ou cun ordenador, cunha impresora e outro material de oficina significa estar subvencionados, primeiro porque non se trata dunha cantidade de diñeiro en efectivo, e segundo porque non é mais que unha cesión de uso temporal de bens, non se apropia o sindicato deses recursos como na subvención donde os cartos pasan a ser do sindicato en cuestión e dispón deles libremente, polo tanto STAJ, por moito que lle pese a algúns non é un sindicato subvencionado, financiámonos solo coa cota dos afiliados, que por certo, é a máis baixa e con moito dos sindicatos a nivel estatal, 4 euros ao mes.


Non é certo, como pretende moi hábilmente facernos crer SPJ-USO, que a Xunta de Galicia só destine este único tipo de subvención aos sindicatos, aparte desta subvención que é a que menos cartos adxudica, xa que se subvencionan as eleccións sindicais en base á representación obtida, hai outras que se van publicando ao longo do ano tanto no BOE como DOG onde o montante dos cartos e moitísimo maior, e parte desas cantidades foron parar ao peto desta organización sindical ou da súa matriz USO. Se lle parecen tan pouca cousa o que reciben, por que non renuncian eles tamén?

STAJ non só renuncia as subvencións da Xunta, tamén ás do resto de Comunidades Autónomas e as que lle corresponden dos diversos Ministerios do Goberno do Estado, e facémolo porque nos da a independencia e liberdade para loitar precisamente contra a súas politicas de recortes de retribucións e de dereitos laborais. Quiza deso de independencia a liberdade de acción SPJ-USO sabe pouco ou nada, e así son capaces de ter un delegado que pasou de estar liberado a ser Director Xeral dun area da Conselleria da que é titular o señor Rueda, que casualidade, pero ainda hai máis mostras da súa dependencia, e esto non o decimos nós.
USO se convierte en el sindicato de referencia del Partido Popular
Los sindicatos afines al PP pasan a la acción en RTVE


Ademáis das subvencións, STAJ renunciou a dar cursos de formación, cremos que debe xestionalos a Administración para que non haxa favoritismos a hora de adxudicalos, para que moitos non teñan, como teñen, ducias de diplomas sen pisar unha sala de formación, para que os titores dos cursos sexan elexidos entre os que máis sepan da materia e non sexan delegados dos sindicatos, e sobre todo para que non se converta nun fraude, nin nunha forma de financiación ou subvención encuberta. Ese sindicato, que dice ser tan pulcro,  parece que tamén coñece os cursos de formación e o que se esconde na suas entranas, e esto tampouco o decimos nós, dino os xornais galegos.

USO disuelve su ejecutiva en Galicia tras el presunto fraude de los cursos 
USO disuelve su Gestora en Galicia por la implicación en el caso Zeta 
La cara coruñesa de la operación Zeta

Por último, ese sindicato sen escrúpulos, nun alarde  de prepotencia e arrogancia sen limites, manifesta ser o artífice de tódolos logros conseguidos polo colectivo de Xustiza nos últimos anos, no de adxudicarse méritos son uns especialistas, incluso se atribúen o conseguido na dolorosa folga, ignorando que fóstedes vós, co voso esforzo, sacrificio e resistencia quen fixéstedes tambalear á Xunta de Galicia. O único que eles fixeron foi romper a unidade dos traballadores e servir de muleta a unha Xunta a punto de derrumbarse, eses sí son os seus tristes éxitos, dos que  parecen orgullosos.