jueves, 9 de mayo de 2019

Escola Galega de Administración Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de maio do 2019 pola que se convoca o curso susperior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica.

O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

O prazo para a inscripción permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria do curso no DOG ata as 23.00 horas do día 14 de maio do 2019.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.