A semana pasada STAJ Canarias acadou unha
sentenza que recoñece que no caso de substitución vertical débese retribuir
no concepto paga extraordinaria a cantidade correspondente ao corpo no que se substitue e non, como se fai tamén
en Galicia, pagar solo a cantidade correspondente a paga extraordinaria do corpo ao que se
pertence.
Ata agora, en Canarias o mesmo que en Galicia e
no resto do Estado, solo se pagaba no
concepto de paga extraordinaria ( soldo- trienios e contía adicional) o correpondente ao corpo inferior, cousa que o
tribunal considera unha discriminación con respeto de titulares e interinos, que
nas substitucións verticais non se abone a cantidade correspondente ao corpo
no que substitues.
STAJ Galicia xa remitiu solicitude a
Dirección Xeral, adxuntando a sentenza, para que pague a partires de agora esa
diferenza na paga extraordinaria, con efectos retroactivos de 4 anos, tal como determina
a normativa, e evite así unha avalancha e demandas.
E o mesmo tempo xa iniciamos o procedemento para acadar en Galicia unha sentenza que recoñeza o cobro da totalidade das cantidades do concepto retributivo paga extraordinaria do corpo superior, no caso de substitución vertical.
Contactade cos nosos delegados/as para mais información e a posibilidade de reclamación no voso caso concreto.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.