Na resolución dictada con data 12 de novembro de 2018 pola Dirección Xeral de Xustiza, determinanse os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o próximo día 16 de novembro nos centros de traballo da Administración de Xustiza de Galicia.
A tal fin, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda dos xulgados, Fiscalías e Instituto de Medicina Legal.
2. Xuizos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outas.
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos aos cidadáns, así como en atención daquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito de tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada polas leis procesuais ou polos bens xurídicos en xogo.
Ver DOGA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e se ataduras.