lunes, 12 de febrero de 2018

Unidade sindical sen fisuras, cuidémola.

O Comité de folga de Xustiza, desde o primeiro día de folga do 1 de Decembro, está composto por sete personas, unha por cada un dos sete sindicatos, trátase dunha persona en concreto, con nome e apelidos, que se manteñen desde o comenzo das movilizacións.

Onte nun programa de radio un delegado do sindicato SPJ-USO e unha delegada de Alternativas na Xustiza, atribuíronse a representación do Comité de Folga e mesmo dixeron que eran membros do Comité de Folga. Pois nin unha cousa nin a outra.

Estando de acordo coas declaracións que fixeron, ainda que non o cen por cen, pois discrepamos no que mais abaixo diremos, pero esos dous delegados deberían de falar a titulo personal ou como membros dos sindicatos  que representan pero non como membros do Comité de Folga nin como representantes do Comité, ninguén lles deu poderes. O Comité de Folga é o que fixou os puntos reivindicados, o que fixa as movilizacións e o que se reune e fixa a estratexia cara a Administración e nel estamos representados todolos sindicatos, pero non tódolos delegados dos sindicatos son membros do Comité.

Discrepamos ademais na afirmación que se fixo “que  coa petición da subida do CAT intentamos recuperar o sustraído pola Xunta entre os anos 2013 e 2016” matizando " que tardaríamos dez anos en recuperar as cantidades roubadas coa oferta economica que nos traslada a Xunta", cando a nosa reivindicación da subida do CAT está basada na equiparación dese complemento co resto de Comunidades Autónomas onde se paga unha maior cantidade por ese concepto, esa é a nosa loita non outra.Tratase de unha subida do complemento para sempre, non solo durante uns anos para recuperar o que nos quitaron.

Esa equiparación solo afecta ó persoal de xustiza, e solo nós podemos esixila, non así o persoal da Xunta. Sen embargo, o confiscado nas pagas extras nos anos 2013 a 2016 tamén o sufriron todo o persoal da Xunta de Galicia, incluido o persoal laboral, e desa maneira estamoslle facendo o xogo a Administración, e sí basamos a subida do CAT niso corremos o risco de que nos digan que  esa recuperación terá lugar cando a recupere o resto do persoal da administración autonómica. Deso non nos olvidamos, pero queda pendente  para outro momento.

A nosa reivindicación é clara e exclusiva do persoal de  xustiza, e está baseada na discriminación que sufrimos respecto os compañeiros doutras Comunidades Autónomas que sendo do mesmo corpo ca nós, e facendo as mesmas funcións ca nós cobran mais polo complemento autonómico. No nos confundamos, eso podémolo usar como un fundamento mais dos recortes sufridos en Galicia, pero non como unha reivindicación propia, que incluiría a todo o persoal da Xunta.

Esta loita é de todos, de tódolos sindicatos, do comité de folga e de todo o colectivo, o que sobran son oportunismos, personalismos e protagonismos que non aportan nada.

STAJ está totalmente comprometido coa unidade sindical, e nela seguiremos sen fisuras, ademáis foi o sindicato que mais loitou para coseguila, pero a unidade hai que coidala e  estes comportamentos non miman esa unidade.

Deixamos o documento donde se recolle o nome e os apelidos das persoas que forman o Comité de Folga.