martes, 6 de febrero de 2018

Preocupación de avogados e procuradores ante a folga indefinida


Onte día 5 de febreiro tanto o consello galego de procuradores como o consello galego de avogacia galega emitiron comunicados de prensa para poñer de manifesto a súa preocupación ante o conflito xerado na xustiza galega e ante a inminente folga indefinida convocada a partir do día 7 de febreiro de 2018.


O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA MOSTRA A SUA PREOCUPACIÓN POLA FOLGA DE XUSTIZA E CHAMA AS PARTES A RETOMAR O DIÁLOGO

Ante a folga indefinida convocada polos funcionarios públicos ao servizo da Administración de Xustiza a partir do próximo día sete de febreiro, o Consello da Avogacía Galega quere realizar as seguintes declaracións:
§ A folga anunciada levará inevitablemente un grave quebranto no funcionamento dun servizo publico tan transcendente para a cidadanía como o é a Xustiza.
§ Por esa razón realizamos un chamamento ás partes para que retomen o diálogo e para que colaboren activamente na consecución dunha solución satisfactoria para todos. Só así poderá garantirse o funcionamento da Administración de Xustiza en condicións adecuadas e darse resposta á prestación dun servizo esencial que é á vez un dos valores recoñecido no artigo 1 da Constitución Española.
§ A Avogacía confía no bo sentido de todos e apela ao sentido da responsabilidade, que debe imperar para superar o conflito.


O CONSELLO GALEGO DOS PROCURADORES , integrado polos Colexios de Procuradores da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo en relación coa anunciada folga dos Funcionarios Públicos ao servizo da Administración de Xustiza, a cal, segundo vénse informando, pode levarse a cabo con carácter indefinido , insta ás partes implicadas no conflito a que , con toda urxencia , alcancen un acordo satisfactorio que permita evitar a folga anunciada e os graves prexuízos que se poden ocasionar no funcionamento ordinario da Administración de Xustiza e con iso á cidadanía”.