martes, 31 de mayo de 2016

A DXX anuncia que no vai a conceder a ampliación da xornada de verán aos que teñan fillos menores de 13 anos.

Onte mediante chamada telefónica a DXX  anunciounos, a nós e a todos os sindicatos de Xustiza, que non vai a conceder a ampliacion, dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, da xornada de verán para quen teña fillos menores de trece anos, e que ve moi dificil que  se poida conceder este ano, nin sequera mediante a aplicacion da normativa estatal.

Nos non somos de crear falsas espectativas coa nosas informacións, publicamos e anunciamos as cousas tal como son, aínda que non nos gusten, e non lle buscamos tres pes o gato.