lunes, 4 de abril de 2016

Galicia, devolución da extra de 2012.

No DOG publicase o procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

En abril aboarase o 25,14 %, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012.

En setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria hasta completar o 100%, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.


Os empregados públicos que non se encontren en activo con anterioridade ao primeiro día dos mencionados meses de abril e setembro de 2016 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude expresa presentada para cada un dos dous aboamentos ante ese órgano no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.
Ver DOG