miércoles, 6 de abril de 2016

Erros nas nosas nóminas ó figurar un grupo que non é o correcto

STAJ solicitou o Dirección Xeral de Xustiza e máis o CIXTEC que nas nóminas do persoal da Administración de Xustiza en Galicia se corrixa o grupo que se fai constar nas mesmas  e figuren os grupos correctos segundo poñemos de manifestó no escrito que lles diriximos.

Nas nóminas advertimos un erro que ten que ver coa denominación do grupo (clasificación de acordo coa titulación esixida para o acceso) que se engade  o concepto de trienios, é que na mayoría dos casos figura un grupo que non está actualizado e non é o correcto, hai que ter en conta que nós non somos persoal da Xunta e polo tanto nas nosas nóminas debe figurar o grupo correspondente da Administración do Estado.

No caso do persoal do Corpo de Xestión na súa nómina figura o grupo “B” cando o debe figurar o “A2”.
No caso do Corpo de Tramitación figura o grupo “C” a secas e debe figurar “C1” que é o correcto.
Nas nóminas do persoal de Auxilio Xudicial figura o grupo “D” e debe figurar “C2” que é o que corresponde.

Aínda que non atopamos erros nas cuantías que se paga polos trienios, sí é certo que ese erro na determinación do grupo pode supor, no caso de pensión por xubilación ou por incapacidade, donde o grupo o que se pertence é determinante para establecer a súa cuantía, que polo órgano encargado do pago das pensións se determinen cantidades inferiores as correspondentes, polo que cremos que se debe correxir de inmediato.