Informámosvos de que mañá se
publicará na Intranet de Xustiza o anuncio do proxecto piloto de formación
presencial no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), promovido pola
Dirección Xeral de Xustiza e dirixido a todo o persoal que traballa nos órganos
xudiciais de Galicia.
Esta primeira edición contará cun total
de 65 prazas. As solicitudes atenderanse por orde de entrada ata cubrir
as prazas dispoñibles, tendo en conta a dispoñibilidade en cada sede e a
organización dos grupos. A presentación da solicitude non supón a confirmación
automática da praza.
As sesións desenvolveranse
presencialmente nas sedes da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e
Pontevedra, en grupos reducidos. A previsión é realizar a formación antes
de finais de 2026.
As persoas interesadas poderán
solicitar praza no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da
publicación do anuncio, enviando un correo electrónico a xustiza@xunta.gal
cos seguintes datos:
· Nome e
apelidos.
· Órgano
xudicial e unidade de destino.
· Sede na que
solicitan realizar a formación.
· Correo
electrónico corporativo e teléfono de contacto profesional.
A confirmación da participación,
así como a data, o horario e o lugar concreto da sesión asignada, comunicarase
a través do correo electrónico facilitado.
Se o número de solicitudes supera
as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza nesta primeira edición
teranse en conta para sucesivas edicións do proxecto.