Con carácter xeral, os mutualistas de Mugeju e beneficiarios teñen que pagar un 30% do prezo de venda ao público dos medicamentos, coa excepción dos medicamentos subministrados en establecementos sanitarios, farmacia hospitalaria ou que sexan necesarios con motivo de accidente en acto de servizo ou enfermidade profesional, que serán gratuitos.
Ademais, a normativa da Mutualidade Xeral Xudicial conta cun réxime de aportación
reducida do 10% cun límite máximo por envase para determinados medicamentos
destinados a enfermidades crónicas ou graves.
Este copago
funciona da seguinte maneira:
1.
Medicamentos de aportación reducida (10%)
Para os
medicamentos pertencentes a grupos terapéuticos específicos destinados ao
tratamento de enfermidades crónicas ou graves (os que teñen un cícero ou
punto negro no cartonaxe), a achega do mutualista redúcese.
O
mutualista paga un 10% do prezo de venda ao público (PVP).
Aplícase un tope máximo por envase (fixado polo
Ministerio de Sanidade en 4,98 €). Calquera cantidade por enriba dese
tope non se abona.
2. Tratamentos especiais e supostos de reintegro (0% ou 10%)
Existe unha regulación específica de reintegro de gastos de farmacia de Mugeju para situacións onde certas patoloxías complexas requiren condicións especiais de achega:
Tratamentos específicos: Para algunhas enfermidades graves concretas (como o tratamento do VIH/SIDA, a fibrose quística, a enfermidade de Paget ou as estatinas para a hipercolesterolemia familiar heterocigota), aplícanse condicións de copagamento especiais.
Reembolso pola diferenza: Se nunha oficina de farmacia che cobraron por erro o 30% xeral sobre un medicamento de aportación reducida ou especial, pódese solicitar a devolución da diferenza achegando o informe médico e as facturas a través da Sede Electrónica de MUGEJU.
O mutualista de Mugeju ( tanto o que se atopa en activo como xubiliado seguierá pagando o 30% como normal xeral do PVP, para todos os demáis medicamentos que non estean catalogados polo Ministerio de Sanidade como de achega reducida.
Porén,
no réxime especial de MUGEJU, en Clases Pasivas mántense os mesmos dereitos e
obrigas tanto en activo como xubilado.
