A mesa de hoxe deixounos unha vez máis a sensación de que a Dirección Xeral entende a negociación como un trámite que hai cumprir, non como un espazo de diálogo e acordo cos representantes dos traballadores e traballadoras.
UN COMEZO QUE DI MOITO
A reunión comezou con 2 horas de retraso. O Director Xeral empeza falando dos 10 puntos da orde do día todos xuntos de forma sucinta e adiantando que había que rematar en dúas horas e media porque un dos membros da mesa se tiña que ir e que continuamos o día 24.
Tan só puidemos expoñer as propostas do 2 primeiros punos da orde do día.
Non achegou
información de interese sobre os temas tratados. Só xeneralidades, e o Director
Xeral segue adoptando a posición vitimista na que se sinte cómodo: non
valorades nada, eu sempre fago moitas cousas e son os demáis ( Xunta) os que non me dan
o que pido, etc…
Viñemos a unha mesa sectorial a negociar e
recibimos o mesmo de sempre: respostas xenéricas, ningunha concreción e ningún
compromiso, autoimposición de medallas porque cumple os prazos que lle poñen outros
e contestacións xenéricas ás Organizacións Sindicais cando lle expoñemos e
preguntamos as dúbidas e problemáticas xeradas nos vosos lugares de traballo.
Estes son os puntos tratados:
Orzamentos 2027. Información sobre a creación
de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Modificación das RPT.
Dixo que se aumentou o 10% o orzamento con respecto ao ano 2026.
A proposta de creación de 27 novas prazas de funcionarios, 6 de xestión, 19 de tramitación e 2 de auxilio, pero poden cambiar os corpos, non o numero total.
Non especifica onde as quere crear, ainda que di que son prazas que se poden utilizar en localidades onde non se crean novas prazas xudiciais e fiscaias, lembrade que son 19 xuices e 7 fiscais novos en toda Galicia, e onde non. Dende STAJ consideramos que esta cifra é
insultante debido á situación na que nos atopamos e cunha carga de traballo que
segue a ter en conta só o novo e sen discriminar uns pleitos de outros, só o
número. Así non levantan cabeza en moitas oficinas e eles insisten na razón que
teñen cos falsos números que empregan como unha relixión para calar as bocas
dos que denunciamos que o número solo non di absolutamente nada.
Que implementará unha 2ª fase de modificación de rpt: pensan que
hai sobredotación nalgunha área, aínda que se negan a darnos oa datos sobre a carga de traballo por areas e localidades. Non se vai
mover a ninguén obrigatoriamente. Esperarán a que se xubile ou concurse a xente para
trasladar as rpt dunha sección/equipo a outro. Dende STAJ só vemos viable que
se incremente a plantilla. Nada máis.
Néganse a ampliar as areas ou crear equipos estructurais nas cidades e nas vilas con máis prazas xudiciais.
Implantación do sistema procesual ATENEA.
Convenio firmado co Ministerio con prazo de implantación ata o
31 de decembro. O 1 de xaneiro xa non se pode traballar con Minerva para a
numeración única. Non se descarta formación presencial, pero só onde eles o consideren.
Din que a formación está bastante ben e que “ninguén se queixa”. A interfaz de
Atenea está en galego e os textos iranse incorporando pouco a pouco en galego na
tramitación empezando por monitorios civiles. Si hai formacion presencial solo a posteriori da súa instalación e solo si os Laj Directores o piden para persoas concretas.
Convocatoria
EXTRAORDINARIA traxectoria profesional e calendario laboral 2027:
Deron prazo para alegacións ata a semana que vén e tratarase o
tema na seguinte mesa sectorial.
Calendario laboral.
Non houbo tempo para tratalo, pidemos as propostas por escrito ata o luns dia 16, coa idea de valoralas o dia 24.
Acordo sobre
actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de
protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha
Administración Pública.
Xa o teñen e están supeditados ao Ministerio de Xustiza.
Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026.
Non hai problema para a ampliación ata o 31 de marzo.
Información sobre a
comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas
de persal e medios materiais.
Parece que Pontevedra é o partido que máis opcións para comarcalizarse, pero non está aprobado o Real Decreto que o podería comarcalizar. A idea é que, si ao final se comarcaliza, integre os partidos xudiciais de Caldas, Cambados, Vilagarcía e Marín. Ainda que o borrador tamén inclúe os partidos de A Estrada e Lalín, a Dirección Xeral infromou ao Ministerio, no sentido de deixar fóra estes dous partidos por razóns de distancia. En principio en Vigo e Lugo non parece que poida prosperar por agora a comarcalización. En caso dunha posible comarcalización de Lugo só queren que abarque Vilaba e Sarria. Todo xeneralidades, non acaba de decir que planteis funcionariais crearían estes xulgados, nin datos concretos.
Gardas 24 h. no
IMELGA
Queren crear Unidades MIR de médicos foresnes en Galicia e precisan, entre outras cousas, ter gardas de 24 horas. Pensan empezar por Coruña e
Vigo e seguir polo resto de localidades, sen prazos nin datas e sin concretar nada máis.
Teletraballo
Di que
non o vai regular. Alega o Director Xeral que como os sindicatos denunciamos o
caos que está xerando a súa organización e que as oficinas están como están e
que ainda encima solicitamos formación presencial co Atenea, non é posible
regular o teletraballo. Esto é un exemplo da vergoñenta escusa que alega e do
insulto á intelixencia do persoal. Emprega os problemas que él mesmo causa como
pretexto para non facer nada. Detrás desta negativa non hai razóns técnicas,
hai falta de vontade para renunciar á discrecionalidade que lle dá a ausencia
de regras.
Concurso de traslados: o Ministerio segue sen solicitarlle as prazas do concurso de traslados.
Prazas OEP 2023: alegan que se ofrecen as desertas máis antiguas, pedimoslles que ampliarán a oferta que prazas teñen de abondo, sobre todo en Auxilio.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras