lunes, 9 de noviembre de 2026

Información sobre a Axenda de Sinalamentos

Os formadores de Atenea informan:

Atenea non dispón dunha axenda de sinalamentos, máis alá da opción de consulta. Por este motivo, estamos a traballar nunha nova Axenda de sinalamentos externa a Atenea.

Mentres esta nova axenda non estea dispoñible, estas xestións continuarán realizándose en Minerva.

Está previsto que anova Axenda de sinalamentos estea dispoñible nas próximas semanas, durante o período de convivencia entre Minerva e Atenea.En canto estea dispoñible, recibiredes injformación sobre a súa posta en marcha e sobre a capacitación para o seu uso.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras