Hoxe celebrouse o Comité de seguridade e saúde que tiña a seguinte orde do día:
1. Información sobre GAS RADON. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radon de Galicia)
2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.
3. Información sobre actuacións e obras.
4. Rogos e Preguntas.
Despois dunha introducción e explicación sobre as medicións de gas radon, que se fixeron en todos os edificios xudiciais de Galicia, polo catedrático Alberto Ruano Raviña, tamén explicou o risco do gas Radon para a saúde, sendo unha causa vinculada directamente co cancro de pulmón en persoas que son fumadoras ou fórono.
A DXX informou que naquelas localidades onde se fixeron acuacións de remediación, volveranse a medir os niveis de gas radon, e unha vez finalizadas as novas medicións darán os resultados de maneira conxunta de todas as consellerias. O Director Xeral afirma que o risco e nulo, e que os postos de traballo afectados polo gas radón son menos de cinco, e trátase de arquivos. Pola nosa banda exiximos que en canto se volvan a medir os niveis de gas radon fagan chegar os resultados. Indicamos á Xunta a incerteza e medo que hai entre todos os compañeiros/as ante a realización de actuacións por parte do persoal de mantemento en relación ao gas radon, sen ser aínda públicos os datos das medicións.
En canto aos Tribunais de Instancia de Ponteareas e Vilagarcía de Arousa realizaranse estudos psicosociais. Establecendo o Director Xeral que se plantexa refrozar sendos tribunais.
Noutra orde de temas:
*Darán traslado do proxecto de reforma do Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa, no sentido de ubicar a todos os funcionarios nunha planta do edificio e os despachos na planta de arriba.
*Informa así mesmo que remitirán os planos de VSM de A Coruña.
*Hai unha proposta para trasladar a Oficina do Rexistro Civil de Ourense á Audiencia Provincial.
Respecto ás peticións de STAJ:
-Dende STAJ en canto a rogos e preguntas, solicitamos a relación de estudos psicosociais non so en Ponteareas e en Vilagarcia de Arousa, senón en tódalas cidades e vilas de Galicia, co fin de valorar o impacto da implatancón dos Tribunais de Instancia, o cambio de Atenea, os cambios estructuráis e no seu caso o aumento da carga de traballo.
-Pedimos que de adopten medidas de carácter urxente para paliar e eliminar todolos problemas derivados do mal funcionamento dos medios audivisuais nas salas de vistas (WebEX, Efidelius).
-Poñemos de manifesto o problema que existe cos carteis informativos dentro dos edificios xudiciais tras a implantación dos Tribunais de instancia, solicitando unha adecuada e eficiente cartelería ca nova sinalética.