miércoles, 4 de noviembre de 2026

Convocatoria de Mesa Sectorial de Xustiza e Comisión de Seguridade e Saúde

A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos convocatoria para a Comisión de Seguridade e Saúde e para a Mesa Sectorial de Xustiza, para o día 10 de novembro de 2026.

Dende STAJ consideramos inadmisible que non se inclúa a regulación do teletraballo como punto na orde do día da Mesa Sectorial de Xustiza. Esixiremos a inclusión dese punto na reunión.

Por outra banda, a Dirección Xeral outra vez amosa o desprezo da opinión dos representantes dos traballadores para tratar temas tan importantes como a creación de novas prazas de funcionarios, as modificacións das RPTs, a comarcalización das seccións de VSM e tantos asuntos importantes a tratar na mesa sectorial, establecendo que a xuntanza comece ás 11 da mañan. É imposible expor e debatir de xeito real propostas nese pequeno espazo de tempo. Outra mostra máis da actitude da Dirección Xeral, que é a de non ter en conta en absoluto o parecer dos seus funcionarios.

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 H-11:00 H)

Orde do día:

1. Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia)

2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.

3. Información sobre actuacións e obras. Nos próximos días remitirase a información de detalle das obras.

4. Rogos e Preguntas.

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (11:00 H)

 Orde do día:

1. Orzamentos 2027. Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Modificación das RPT.

2. Implantación do sistema procesual ATENEA.

3. Convocatoria EXTRAORDINARIA traxectoria profesional.

4. Calendario laboral 2027.

5. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.

6. Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026.

7. Información sobre a comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas de persal e medios materiais.

8. Gardas 24 h no IMELGA.

9. Rogos e preguntas.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras