martes, 3 de marzo de 2026

Baremación provisional concurso específico xefatura xestión Ferrol

Na páxina web da Conxelleria publícase a resolución , pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas para a provisión, polo sistema de concurso específico, para a provisión dun posto de traballo  de Xefatura de equipo SCT-TI Civil, Familia, CA e Social do corpo de xestión, convocado pola Resolución do 21 de xaneiro de 2026.

RESOLVE:

1.- Aprobar e facer públicos os criterios de valoración dos méritos específicos (anexo I).

2.- Aprobar a adxudicación provisional dos postos convocados (anexo II).

3.- Aprobar a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas (anexo III).

4.- Acordar a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería.

As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. As alegacións irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A .


Accede a resolución completa.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras