sábado, 7 de marzo de 2026

8 de marzo, día internacional da muller

O vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, non é unha data de celebración baleira, senón memoria viva, loita colectiva e compromiso renovado, pola reivindicación histórica dos dereitos e liberdades truncados, xeración tras xeración, a un sector que supón máis da metade da poboación mundial.

Nesta data lembramos a quen loitou por defender a esa metade da poboación mundial polo seu dereito para votar, a estudar, a decidir, a traballar con dignidade; a quen desafiou leis inxustas, estereotipos, violencias estruturais e ata deron a súa vida por iso.

Unha loita que nunca termina, como se resume na famosa frase de Simone de Beauvoir: «bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados». E esta afirmación ten a súa base na realidade da súa conquista, pois se ve como concesións, non como dereitos inherentes á condición de ser muller, e como toda concesión, pode ser revogada. Por tanto, a celebración do 8 de marzo non é soamente unha conmemoración, un recordo solemne que rende homenaxe á entrega e esforzo de quen loitou pola anhelada igualdade entre homes e mulleres, senón un recordo de que a defensa desa igualdade segue viva, segue constante, segue sendo necesaria.

Defender os dereitos conquistados, esixir políticas públicas con perspectiva de xénero, garantir igualdade de oportunidades, recoñecer a diversidade de experiencias das mulleres en todo o mundo, construír sociedades máis xustas, inclusivas e libres de violencia, é a misión máis honorable dunha sociedade avanzada.

O 8 de marzo lémbranos que todos os días debemos de traballar, mulleres e homes, de xeito conxunto, no desenvolvemento dunha sociedade igualitaria, onde a concienciación da necesaria corresponsabilidade de mulleres e homes na xusta e nobre defensa da igualdade e liberdade social é vital para construír unha sociedade evolucionada, como reflexo de madurez social.

Grazas a quen alzaches a voz pola defensa de dereitos e liberdades das mulleres; grazas a quen segues alzando a voz; grazas por ser exemplo de forza, determinación e constancia para quen nos suceda.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras