Hoxe e o último día para poder inscribirse nas actividades de formación
continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración
pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da
Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das
entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e
servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
As solicitudes de
participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o
formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio
do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de
finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete
correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de
actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase
a tres.