A actual normativa de vacacións da administración de xustiza segue a ser a anterior á entrada en funcionamento do novo modelo de oficina xudicial, polo que aínda fala de Xulgados en non de servizos comúns ou áreas ou aínda está pensada para órganos e xulgados onde só un LAJ organizaba a oficina.
É necesario que canto antes se actualice a normativa á nova situación, porque do contrario poderían chegar a darse situacións de informes negativos de vacacións por parte dos LAJ de xeito inxusto xa que desapareceron os xulgados e a unidade que de debe ter en conta para a determinación dos porcentaxes por corpos é a area non os grupos como pretenden algúns Laj directores e xefes de area, cambio que lle pedimnos con urxencia dende STAJ.
Por iso dende STAJ solicitamos á DXX que se convoque a comisión paritaria de seguemento da norma de vacacións ou a mesa sectorial coa maior urxencia, tendo en conta que nas próximas semanas moitos compañeiros e compañeiras van solicitar vacacións, co motivo de que o 31 de marzo remata o prazo para desfrutar as vacacións pendentes do ano 2025.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras