lunes, 22 de diciembre de 2025

Nova normativa de substitucións entre persoal funcionario da Administración de xustiza de Galicia

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial– que presten os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se atopen vacantes, ou cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración.

Para estes efectos enténdese por longa duración un período de 61 días naturais ou máis.

Clases de substitucións

Distínguense as seguintes clases de substitucións:

a. Substitucións verticais: persoal funcionario nomeado substituto no corpo inmediatamente superior.

b. Substitucións horizontais: persoal funcionario nomeado substituto no mesmo corpo.

O persoal que teña como posto definitivo un posto singularizado en LD ou de CE non poderá solicitar un posto en substitución.

Con carácter xeral non se cubrirán por substitución horizontal postos xenéricos con persoal da mesma unidade ou centro de destino, segundo o caso.

Poderá solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de Xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estea en situación de activo e leve polo menos un ano no posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles.

As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude, a acreditación da titulación necesaria para o ingreso no corpo superior ao que pertence o/a funcionario/a, de ser o caso (só no caso de que non a poida obter a Administración consonte o disposto no artigo 9).

Criterios de adxudicación

Prazas xenéricas. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:

a) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.

b) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e mesmo centro de destino.

c) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade e mesmo centro de destino.

d) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de destino.

c) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro de destino.

En todos os casos, de existir varias persoas interesadas respecto de cada un dos puntos, a quen teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional, e de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

Prazas singularizadas ou con requisitos específicos establecidos na RPT (gardas, VSM..).

De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:

a) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada da mesma unidade.

b) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.

c) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e mesmocentro de destino.

d) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade e mesmocentro de destino.

e) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de destino.

f) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro de destino.

En todos os casos, de existir varias persoas interesadas, a quen teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional, e de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

Todas as substitucións outorgadas de conformidade coa Resolución do 18 de maio de 2022 manterán a súa vixencia ata que finalice segundo as causas previstas no artigo 15.

Para máis información accede ao DOG aquí


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras