Hoxe publícase no DOG a resolución do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá
publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se
aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as
organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO. para a
mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de
xustiza de Galicia.
Este acordo ten por obxecto o incremento nas cantidades que, para cada corpo, se reflicten no seguinte cadro, do complemento autonómico transitorio e do complemento específico, segundo corresponda.
|
CORPO |
CAT/ CE (€/mes) |
CAT/CE (€/ano) |
|
|
|
2700 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O
incremento producirase en tres anualidades (2026, 2027 e 2028), distribuíndo
unha porcentaxe sobre o total do 40 % o primeiro ano e o 30 % nos dous
seguintes, con efectos económicos cadanseu incremento o 1 de xaneiro de 2026,
2027 e 2028, ata acadar a súa totalidade no último ano, de tal forma que o
persoal funcionario cobrará o primeiro ano o 40 % (90 euros) da cantidade pactada, o
segundo ano o 70 % (157, 5 euros), e así ata chegar ao 100 % (225 euros)no ano 2028.