lunes, 15 de diciembre de 2025

Suba do complemento autonómico transitorio e do complemento específico dos corpos xerais e médicos forenses de Gailcia

Hoxe publícase no DOG a resolución do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Este acordo ten por obxecto o incremento nas cantidades que, para cada corpo, se reflicten no seguinte cadro, do complemento autonómico transitorio e do complemento específico, segundo corresponda.

CORPO

CAT/ CE (€/mes)

CAT/CE (€/ano)

 Xestión procesal e administratica

 225

2700

 Tramitación procesal e administrativa 

 225

 2700

 Auxilio xudicial

 225

 2700

 Médicos forenses 

 225

 2700



O incremento producirase en tres anualidades (2026, 2027 e 2028), distribuíndo unha porcentaxe sobre o total do 40 % o primeiro ano e o 30 % nos dous seguintes, con efectos económicos cadanseu incremento o 1 de xaneiro de 2026, 2027 e 2028, ata acadar a súa totalidade no último ano, de tal forma que o persoal funcionario cobrará o primeiro ano o 40 % (90 euros) da cantidade pactada, o segundo ano o 70 % (157, 5 euros), e así ata chegar ao 100 % (225 euros)no ano 2028.

Accede ao DOG aquí


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras