Hoxe publícase no DOG RESOLUCIÓN
do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o
horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro
Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e
Pontevedra.
Esta resolución será de aplicación ao persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia que presten servizos nas oficinas xerais dos rexistros civís da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que voluntariamente opten por unha xornada de mañá e tarde incentivada economicamente e coas compensacións horarias que se establezan nesta resolución.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras