lunes, 27 de octubre de 2025

Xestión xefaturas: baremacións provisionais

A DXX acaba de publicar a baremación provisional do concurso específico de xestión. Na resolución acórdase: 


1.- Aprobar e facer públicos os criterios de valoración dos méritos específicos (anexo I).
2.- Aprobar a adxudicación provisional dos postos convocados (anexo II).
3.- Aprobar a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas (anexo III).
4. – Declarar excluídas as persoas solicitantes que se relacionan no anexo IV.
5.- Acordar a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e na páxina web da
consellería.

ALEGACIÓNS:  3 días hábiles a contar dende mañá, día 28 de outubro (inclusive).

As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. As alegacións irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A. 

Accede á listaxe de valoración provisional 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras