No DOG de hoxe convócase polos sindicatos Comisiones Obreras (CC.OO.), Unión General de Trabajadoras y Trabajadores (UGT), (CIG), (CUT), (CGT) y (STEG) convocatoria de folga xeral que afectará as empresas e organismos encargados de prestar servizos públicos.
Tense en conta, igualmente, o feito de que a folga se desenvolverá unicamente durante un período dun día, coas matizacións correspondentes ás quendas de traballo que comecen antes das 00.00 horas e finalicen despois das 24.00 horas.
No ámbito da Administración de Xustiza, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, #de acordo con a normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento esencial prestado pola Administración de xustiza en Galicia que permitan compaxinar o dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público.
Neste sentido, e de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisoria, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios…