viernes, 10 de octubre de 2025

Comisión de Acción Social 2025: Listaxes definitivas

Na Comisión de Acción Social 2025 celebrada no día de hoxe, aprobáronse as listaxes definitivas.

Houbo 12 instancias que inicialmente tiveron problemas e foron denegadas provisionalmente, despois das alegacións foron admitidas 9 solicitudes definitivamente, sendo o total de instancias admitidas definitivamente de 133 (correspondentes a 156 persoas beneficiarias) dun total de 147 presentadas.

IMPORTES:

1. Para o tramo 1: 92,45 euros

2. Para o tramo 2: 184,90 euros

3. Para o tramo 3: 369,81 euros

A DXX informaranos da próxima publicación no DOG e do seu abono correspondente. Cada interesado deberá comprobar a súa inclusión a través da OPAX.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras