lunes, 29 de septiembre de 2025

Publicación das comisións de valoración do concurso específico

Publicouse na web da Consellería de Xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se designan as comisións de valoración do concurso específico para a provisión de postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da Administración de xustiza, convocado pola Resolución do 8 de setembro de 2025 (DOG núm. 180, do 18 de setembro de 2025).

Asemade, hoxe día 29 de setembro está convocada a primeira reunión das comisións, pero sen orde do día. 

A decisión de asistir e participar de dous representantes sindicais por cada Comisión de Valoración foi acordada de forma unánime por tódolos sindicatos con representación en xustiza, decidindose que sindicato participaría en cada unha das Comisións de Valoración. Haberá unha Comisión de Valoración por cada corpo integrada cada unha delas por 4 membros da Administración e 2 representantes sindicais (STAJ e USO en Xestión; Alternativas na Xustiza e CCOO en Tramitación e CSIF e CIG en Auxilio)

Para STAJ é importante que se fagan públicos os criterios de valoración adoptados nas Comisións de Valoración e que sexan o máis claros posibles antes de entrar a valorar cada unha das instancias presentadas. Ao non fixar os criterios na convocatoria só queda, en aras á transparencia, que os criterios de como se van valorar os coñecementos e a experiencia se fagan públicos e sexan claros e obxectivos. 

Seguiremos informando



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras