Está previsto que ó longo do día de hoxe se publique na intranet
de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e
Deportes a Resolución do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza
pola que se aproba a listaxe definitiva coas novas persoas admitidas e
excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao
servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.
A
listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta
"Bolsa de interinos > Listaxes".
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras