No día de onte, tivo lugar en Santiago a primeira mesa sectorial para
tratar a implantación dos tribunais de Instancia nas cidades de A Coruña,
Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.
A DXX non nos informa de ningunha novidade nin aporta moita información para explicar os documentos que nos achegaran coa convocatoria e que vos enviamos xa nesta noticia anterior.
Con respecto ás RPTs. A proposta de RPTs que nos enviou a DXX, segundo nos
din, foi elaborada polo Secretario de Goberno e/ou polos Secretarios
Coordinadores Provinciais. Segundo a DXX este borrador sería unha primeira
aproximación e están abertos a estudiar as achegas dos traballadores para
mellorala. En canto ás xefaturas, non saben (ou non nos din) a cargo de cantos
funcionarios van estar os xefes, nin de que áreas ou equipos van ser xefes. Xa
están a ter en conta no borrador das RPTs a creación dos novos xulgados de Violencia
sobre a Muller en Santiago e Ourense e o cambio dun Xuiz de instrución a
Violencia sobre a Muller en Vigo e A Coruña. Nos din que o cambio de Xuiz non
vai afectar aos funcionarios, que irán destinados á área do Tribunal de
Instancia que lles corresponda, igual que o resto de funcionarios. Garanten,
como non pode ser doutra forma gracias ao acordo firmado por STAJ e outros
sindicatos en Madrid para intentar reducir algún dos numerosos efectos
negativos desta norma para os traballadores da xustiza, que se manterán as
retribucións (gardas, complementos, etc.) a quen a día de hoxe está a
percibilas e se lle asigne un posto forzosamente que non contemple esas retribucións.
Con respecto á norma de reorganización, tampouco explican nada. Nos din
tamén que están abertos a escoitar aos traballadores. Din que non saben
tampouco que antigüidade se vai ter en conta para ter preferencia na
reorganización. Con respecto as áreas, a DXX indícanos que serán os protocolos
dos distintos secretarios coordinadores quenes distribúan o traballo e como se distribúe
ese traballo, manifestan que descoñecen en que fase están. Desde STAJ voltamos
reiterar a necesidade de crear máis áreas e sobre todo que os equipos que se
creen dentro de esas áreas sexan orgánicos, a DXX non o contempla neste momento
e defenden que os equipos sexan funcionais. Coincidimos en que non debería haber postos de libre designación, que se crean para asisitir aos Presidentes das Audiencias e aso Secretarios Coordinadores e vinculados, en canto ao destino, ao TSXG.
Acordouse tratar en seguintes mesas sectoriais as RPTs das cidades unha por unha.
Desta xuntanza tiramos dúas conclusións principalmente: a primeira é que a
DXX non ten planificado o que vai facer para a implantación dos Tribunais de
Instancia nas cidades de forma concreta. A segunda é que pensa deixar todo o
poder de decisión para a organización do traballo aos LAJs, incluso en materias
tan fundamentais como a creación de equipos e grupos de traballo, nos que si
ten competencia para actuar.