lunes, 19 de mayo de 2025

Reorganización Fase I. Aceptada a proposta da maioría das OOSS

A DXX acaba de remitirnos un mail onde achega o texto definitivo respecto do proceso de reorganización do persoal afectado pola Fase I unha vez solicitada pola ampla maioría das organizacións sindicais a proposta B.

Sobre o texto remitido como proposta B, engadiuse unicamente mención á publicación das resolucións polas que se convocan os procesos de reordenación e reordenación forzosa na intranet e na web, así como unha mención á publicación no BOE da modificación do RD 1451/2005.

Por último infórmase que na próxima semana, está previsto comenzar a remitir os oficios coas confirmacións de postos.

A proposta B consiste en que no momento da reordenación de efectivos o persoal que deba ir obrigado ao rexistro civil, lembrade que debe ser do xulgado que hoxe ten funcións de rexistro civil,  se lle ofrecerìa e polo tanto, poderìa solicitar calquera praza vacante no sevicio común de tramitación da localidade, si a houbese hoxe en dia, ou si quedase por gallo da resolución do concurso de traslado agora en trámite, e sempre que este se resolvese con tempo suficiente a entrada do novo sistema.


PROPOSTA ACEPTADA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras