viernes, 23 de mayo de 2025

Reorganización de persoal nos Rexistros civís Fase I: confirmación na Oficina de Rexistro Civil

Acaba de publicarse o listado do persoal funcionario en postos cuxas funcións e competencias teñan carácter de continuidade na nova estrutura organizativa e que van ser confirmados nas Oficinas de Rexistro Civil correspondentes á Fase I.


Nos próximos días remitíranse os acordos de confirmación ao seguinte persoal con destino definitivo ou con reserva de posto nas localidades da fase I:

- Persoal dos xulgados de paz: será confirmado de oficio no novo posto correspondente das oficinas de xustiza do municipio.

- Persoal dos decanatos e dos xulgados de primeira instancia e instrución (agás o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en Rexistro Civil): será confirmado de oficio no servizo común de tramitación da localidade.

- Persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil: confirmarase nas oficinas xerais de rexistro civil de oficio ao persoal que na actualidade está desempeñando esas funcións conforme figura no Anexo I.
 O resto do persoal da localidade do mesmo corpo será confirmado no servizo común de tramitación.

As persoas que nesta fase non sexan confirmadas segundo se establece neste documento serán obxecto de reordenación voluntaria segundo o disposto no Plan de reorganización de persoal da Fase I publicado no seguinte enlace https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras