Tal como xa informamos, STAJ
conseguiu unha sentenza favorable no caso dun funcionario que realizara
substitucións no corpo superior e logo conseguiu aprobar e obter praza en propiedade nese
corpo superior.
O Xulgado do
Contencioso-administrativo de Las Palmas, seguindo a xurisprudencia do Tribunal
Supremo, confirmou que un funcionario que realiza substitucións verticais ten
dereito a que se lle recoñezan os trienios que perfeccione nese corpo superior,
sempre e cando despois adquirise a condición de funcionario do corpo superior.
O que non se recoñece é o dereito
a reclamar as cantidades deixadas de percibir en concepto de trienios que xa
lle foran pagados, pero sí a partir da data en que adquiriu a condición de
funcionario no corpo superior.
Tamén se podería pedir aínda que o trienio se cumplira en outro ámbito territorial.
En STAJ fixemos un modelo de reclamación, si estás interesado ponte en contacto con un delegado para que te informe máis por o miudo e facilitarcho.