Seguindo instruccións do Director xeral,
convócasenos a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día
2 de xuño, ás 10:30 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Propostas de RPT da Fase III.
- Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE
EFECTIVOS.
- Proposta de anteproxecto de regulamento do
IMELGA.
- Rogos e preguntas.
Como documentación a valorar na Mesa
xúntase a seguinte documentación.
- Borrador da acta da Mesa sectorial do 14 de maio.
- Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas
xudiciais da Fase III.
- Borrador da proposta de méritos a considerar nas
RPT para os distintos postos singularizados.
- Borrador de resolución coa RPT das oficinas
xerais do Rexistro civil da Fase III.
- Borrador da proposta do proceso de reorganización
da Fase III.
- Borrador do anteproxecto de regulamento do IMELGA
previo ao inicio da tramitación para a súa aprobación.
rpts fase III
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras