jueves, 3 de abril de 2025

Negociación das RPT da fase I a implantar o dia 1 de xullo.

O pasado martes, día 1 de abril, e despois de chegar a un preacordo entre a DXX e as OOSS no incremento do Complemento Específico (actualmente CAT) entrouse a negociar as RPT relativas á FASE I (Tribunais de Instancia das Vilas, Rexistro Civil e Oficinas Municipais de Xustiza ), xa vos adiantamos que nestes puntos non houbo consenso entre os sindicatos, non se buscaron puntos de encontro, e queremos deixar claro que o Preacordo retributivo coa Xunta non exixe acordos nas RPT, solo a negociación como dispón a Lei

Dende o principio xa non dixeron que de entrada non se van a crear prazas novas dentro deste proceso de acoplamento, que solo van a  distribuir as prazas xa existentes, e a valoración da posibilidade de  creacións de prazas, e onde se deben crear, serán a posteriori, unha vez botado a andar o novo sistema de oficina xudicial.

As alegacións de STAJ ás propostas de RPT FASE I da Dirección Xeral de Xustiza, son as seguintes:

RPT OFICINAS DE XUSTIZA MUNICIPAIS

STAJ solicitou que non houbera compatibilidade por parte de ningún funcionario destinado nos actuais Xulgados de Paz coa Oficina de Xustiza, nin de xestores nin de auxilios. E importante coñecer as cargas de traballo para poder chegar a valorar qué postos poderían compatiblizar ou non e o alcance sesa posible compatibilidade, e de momento, non se fixo ese estudio, polo que solicitamos que de momento as rpt se aproben sen aprobar a compatibilización de ningún funcionario destinado actualmente nun xulgado de paz. En caso de non aceptar esta petición, solicitamos que calquera compatibilidade, sexa retribuida cun Complemento Específico maior, que tamén pedimos a necesidade de aumentar as retribucións dos xestores/as que actúen como Secretarios/as desas oficinas.

RPT OFICINAS DE REXISTRO CIVIL

STAJ considera que hai que dotar a Oficina de Rexistro Civil cunha persoa de xestión (que compatibilice cun maior complemento retributivo, debese ter en conta que ademais de realizar expedientes da lei do rexistro civil e traballar con Dicireg vai ter  que traballar en penal e civil) e outra de tramitación con destino exclusivo na Oficina de Rexistro Civil, permitindolle a ese última realizar gardas.

Dende STAJ solicitamos a prohibición expresa  a que o LAJ Encargado do Rexistro Civil delegue as súas funcións no persoal das oficinas do Rexistro Civil e que, en todo caso, se houbera unha delegación, debe quedar plasmada por escrito e, por suposto, retribuida ao persoal funcionario da oficina no que se delegue.

RPT OFICINAS DE XUSTIZA

STAJ solicitou que nos partidos xudiciais que actualmente contan con 3 e 4 xulgados, o SERVIZO COMÚN DE TRAMITACIÓN se divida estructuralmente nunha área civil e nunha área penal e polo tanto constituan destinos diferenciados, permitíndose que uns e outros poidan facer gardas, e dentro da area penal que haxa un equipo coa especialidade de VIOLENCIA SOBRE A MULLER), solicitamos a creación dun SERVIZO COMÚN XERAL, servizo onde estaría destinado todo persoal de auxilio, que poderían realizar gardas, e o persoal dos actuais Decanatos, asi como outros servizos que se poidan crear nun futuro.

ROGOS E PREGUNTAS

A preguntas de STAJ de por que se están nomeando directamente persoal interino en xubilacións en vez de convocar comisións de servizos ou substitucións: a DXX responde que o incidente de execución dunha das sentenzas resolveuse a favor do sindicato recurrente e en contra da Administración, e a partir de agora terán que cumplir as sentenzas.

A preguntas de STAJ sobre o teletraballo: respóndese que conseguiron elaborar un documento marco entre todas as CCAA e o Ministerio pero falta a votación de cada unha das Comunidades do texto na Conferencia intersectorial de xustiza que se está a celebrar hoxe e mañá e con elo poder iniciar as negociacións coas organizacións sindicais en Galicia.

Tamén se informou de que o reparto de portátiles nas vilas xa rematou, aínda que a nos constanos que falata algunha vila, e que están esperando a que a AMTEGA faga un plan de reparto para o resto de cidades. Xa teñen os ordenadores disponibles e non saben cal vai ser a cidade pola que se vai empezar o reparto.

Con respecto a ATENEA, de momento non está contemplada a súa implantación a curto prazo, nin para o 1 de xullo nas Oficinas de Xustiza Municipais. Empezarase a traballar en algún Módulo de Minerva que será o precursor de Atenea finalmente, pero non vai ser tan inmediato como pensaban nun inicio.

Con respecto ás prazas que se iban a ofertar aos procesos selectivos pendientes de resolver, comentan que están traballando nelas e que en breve se nos dará traslado das mesmas. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras