miércoles, 9 de abril de 2025

Convocatoria cursos de igualdade e de violencia de xénero

No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 1 de abril de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades públicas galegas.

O prazo de presentación das solicitudes comezará mañán día 10 de abril ata o día 16 de abril de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras