Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de formación sobre violencia de xénero dirixido entre otros as oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia.
Persoal destinatario
Persoal das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia.
Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de abril de 2025.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Criterios de selección
1. Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas nos cursos solicitados por orde de inscrición entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos como destinatarias de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución e ata esgotar o total de prazas. Terá prioridade o persoal pertencente aos centros de información á muller de Galicia (CIM) cuxas funcións estean directamente vinculadas coa materia impartida.
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso poderá completarse o número de participantes asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras