miércoles, 26 de marzo de 2025

Bolsa interinos médicos forenses: listaxe definitiva de admitidos e excluidos

Hoxe publícase na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 26 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe definitiva coas novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024 e a Resolución do 26 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe provisional con novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

O prazo de alegacións da listaxe provisional será de 10 días hábiles.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras