Acabamos de ter coñecemento que no expediente electrónico que podemos consultar dende o OPAX os cursos que figuraban, no apartado organismo, co nome de "Escola Galega de Administracións Públicas" están sendo actualizados e aparecen dados de baixa sendo sustituidos por outros idénticos co nome de "EGAP" no apartado de organismo.
Dende STAJ poñémonos en contacto coa DXX quen nos manifesta que cren que isto débese a que Amtega está facendo unha migración de datos a un programa novo e actualizando o expediente electrónico, pero que non desaparece do noso expediente ningún curso, simplemente sustitúese por outro idéntico cambiando o nome completo do organismo polas siglas. Dato que nos confirmarán nos pròximos días, cando Amtega llo confirme definitivamente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras