viernes, 7 de marzo de 2025

Actividades formativas dixitais: Comdix

Pubícase no DOG a RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e das entidades locais galegas, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Datas e lugares de realización

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas desde a data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres máis o curso Comdix iniciación 0: empezamos!
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para efectuar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras