martes, 25 de febrero de 2025

STAJ pide a suspensión da mesa coa Xunta para o día 3 de marzo

O pasado día 21 de febreiro a Dirección Xeral de Xustiza convocounos aos sindicatos á mesa sectorial de xustiza o vindeiro día  3 de marzo, ás 11:00 horas, na sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte orde do día:

Aprobación da acta da sesión anterior.

Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.

Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I

Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I

Rogos e preguntas

Solicitamos a suspensión desta mesa do día 3 de marzo porque consideramos que a negociación das RPTs debe de ser a posteriori á subida do CAT, as RPTS deben de levar cada unha delas incluída o complemento específico de cada un dos postos, non tendo sentido algún negociar as RPTS sen negociar previamente a subida do Cat, tal e como se comprometeu a Xunta. STAJ non vai negociar ningunha RPT que non teña incluída o complemento específico correspondente previa negociación da subida do CAT.

Basta de escusas da Xunta para afrontar a Traxectoria Profesional, basta de dar longas á negociación do complemento específico e do Cat, dado que ten que ser inmediata e previa ás negociacións que correspondan das RPTS.  STAJ presentará alegacións ás RPTS propostas, solicitando que dentro dese acordo nas Rpts da primeira fase crense áreas nos pobos, diferenciadas como destino distinto, e maiores postos singularizados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras