Onte remitimos escrito á DXX solicitando a suspensión da mesa sectorial do día 3 de marzo en base consideramos que a negociación das RPTs debe de ser a posteriori á subida do CAT, as RPTS deben de levar cada unha delas incluída, o complemento específico de cada un dos postos, non tendo sentido algún negociar as RPTs sen negociar previamente a subida do Cat.
O Director Xeral de Xustiza acaba de informarnos que mantén a data prevista para o próximo día 3 de marzo ás 11:00 h modificando a Orde do día, abordando o referente ás retribucións dentro do proceso de elaboración das RPT.
Orde do día:
Aprobación da acta da sesión anterior.
Información sobre o estudo a realizar para a determinación do CE nas diferentes RPT.
Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I
Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I
Rogos e preguntas
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras