viernes, 21 de febrero de 2025

Convocatoria da DXX a reunión da mesa sectorial de Xustiza: negociación das RPTs

Dende a Dirección Xeral de Xustiza convocouse aos sindicatos á mesa sectorial de xustiza o vindeiro día  3 de marzo, ás 11:00 horas, na sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte orde do día:
 
Aprobación da acta da sesión anterior.
Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I
Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I
Rogos e preguntas

Infórmannos tamén de que están a  a traballar na avaliación dos postos de cara á conformación final das distintas RPT.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras