Deixamos os borradores das RPTs remitido pola Dirección Xeral de Xustiza o pasado
venres, nos que se propñen as Relacións de Postos de Traballo para as Oficinas
Xerais de Rexistro Civil, as Oficinas de Xustiza Municipais e as Oficinas de
Xustiza dos partidos xudiciais que contan con 1, 2, 3 e 4 xulgados, e que están afectados pola FASE I de implantación dos
Tribunais de Instancia.
Grazas ao Acordo asinado por STAJ co Ministerio de Xustiza, a Lei Publicada contempla a obriga da Xunta e resto de CCAA a negociar as RPTs cos Sindicatos, incluidos aqueles Sindicatos que non están na Mesa Sectorial de Madrid, xa que no Proxecto de Lei que entrou no Congreso, era a Administración quen decidía en solitario as RPTs.
Fixemos un pequeno resumo do que se propón pola DXX, que consiste no seguinte:
- Confirmación nos Xulgados de Paz (a partir de agora, Oficinas de Xustiza Municipais - OXM) das plantillas actuais, coa observación de que algúns dos postos serán compatibles con funcións da Oficina de Xustiza do partido do que dependan. O persoal de Xestión será o que ostente a Secretaría. No caso de haber máis de un xestor/a, o posto da Secretaría recaerá nun deles.
- No caso de partidos xudiciais con un ou varios xulgados mixtos (a partir de agora, Oficinas de Xustiza - OX) propoñen o seguinte:
1. En partidos con un xulgado ÚNICO e partidos con DOUS XULGADOS: habería dous centros de destino; o Servizo Común de Tramitación e a Oficina Xeral de Rexistro Civil. A plantilla proposta é a mesma que teñen na actualidade, e destinan á Oficina Xeral de Rexistro Civil a unha persoa de xestión e outra de tramitación que compatibilizarían funcións co Servizo Común de Tramitación.
Todas as RPT dos Xulgados únicos e dos partidos con dous xulgados son compatibles con gardas, tanto os postos que esten no Rexistro Civil e compatibilicen funcións, coma os que estén destinados únicamente no Servizo Común de Tramitación.
2. En partidos xudiciais con TRES e CATRO XULGADOS tamén habería dous centros de destino; o Servizo Común de Tramitación e a Oficina Xeral de Rexistro Civil. En principio a plantilla proposta é a mesma que teñen na actualidade (incluido ao persoal destinado no Decanato, que pasaría a estar integrado no Servizo Común de Tramitación ou na Oficina de Rexistro Civil, no seu caso).
Unha persoa de xestión destinada na Oficina de Rexistro Civil compatibilizaría funcións co Servizo Común de Tramitación e a outra de tramitación solo atenderá funcións do Rexistro Civil esta última non sería compatible con gardas. Todos os demáis postos son compatibles con gardas.
Nos partidos xudiciais con CATRO XULGADOS proponse a creación de dous postos de Xefatura de equipo no Sevizo Común de Tramitación, unha delas para o corpo de xestión (deben ter o grao en dereito e o curso superior de linguaxe xuridica galega) e outra para o corpo de auxilio xudicial. Ningún dos postos de xefatura é compatible coa realización de gardas e ambos postos (de xestión e auxilio) detráense da plantilla actual. Non se propón a creación de ningunha praza nova para estas xefaturas.
A forma de reorganizar ao persoal farase dacordo ca Disposición Adicional
primeira noso Regulamento (RD 1451/2005, do 7 de decembro) que prevé que os
procesos de acoplamento consistirán na confirmación dos funcionarios nos postos
que viñan desempeñando e na ordenación de efectivos (artigos 64 a 67), trala convocatoria de concursos específicos. A dotación dos postos de xefatura,
farase por esta última modalidade.
Nas RPT é obrigatorio que se consigne o COMPLEMENTO XERAL DO POSTO e o COMPLEMENTO ESPECÍFICO (actual CAT) que debe ser obxecto de negociación coas organizacións sindicais, como xa o foi no resto de territorios do Estado.
Dende STAJ faremos as alegacións oportunas, que vos faremos chegar no seu
momento.
Proposta RPT oficina de xustiza do Municipio