viernes, 15 de noviembre de 2024

Tramitación Procesual. Posto polo sistema de libre designación na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Hoxe publícase no DOG a ORDE do 5 de novembro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a da Fiscalía Superior.

Código do posto: PR.C99.10.006.15001.002.

Corpo ou escala: xeral/tramitador procesual e administrativo.

Grupo/subgrupo: C1 C2.

Nivel: 20.

Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.

Localidade: A Coruña.

VER DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras