martes, 12 de noviembre de 2024

Linguaxe administrativa galega e celga (eoi): ábrese o prazo de inscrición para o segundo cuadrimestre

Ábrese o segundo prazo  de inscrición para  os cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.


As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cumprimentar o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.


O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no apartado quinto desta resolución.


O prazo para a presentación das solicitudes será  desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024.


Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa as/os aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza.


Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes.


No momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude, independentemente da escola e curso solicitado.


Para a asignación de prazas o sistema informático obterá un número de corte por curso a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles.


Este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese curso.


A adxudicación de prazas realizarase por persoa, empezando pola solicitude que teña o número obtido no sorteo, respectando a orde de preferencia indicada na solicitude e pasando á seguinte persoa cando se lle asigne praza nun grupo ou cando non obteña praza en ningún dos grupos solicitados.


Ver resolución completa DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras