lunes, 11 de noviembre de 2024

A Xunta invertirá en eficiencia enerxética en varios xulgados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza, xunto co director xeral,visitaron os xulgados de Caldas de Reis, onde se levaron a cabo melloras nas salas de vistas e de declaracións.

Durante a visita aproveitouse para anunciar a licitación o próximo ano por case 400.000 euros de actuacións de eficiencia enerxética neste edificio xudicial, que acolle dous xulgados de Primeira Instancia e Instrución e o Rexistro Civil.

 Os traballos incluirán a renovación da iluminación con luces LED, un novo sistema de climatización de aerotermia, recuperadores de calor, novas fiestras, mellor illamento das fachadas e colocación dunha instalación fotovoltaica.

As obras enmárcanse nos proxectos deste tipo en case unha decena de instalacións xudiciais por importe de 5,6 millóns de euros.

 Ademais das actuacións en Caldas de Reis prevense melloras de eficiencia enerxética na Coruña, Ferrol, Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro, O Porriño, O Carballiño e Corcubión.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras