jueves, 31 de octubre de 2024

STAJ solicita que se engadan prazas vacantes para o concurso de traslado 2024

Dende STAJ presentamos escrito á DXX solicitando que se engadan a lista de prazas vacantes do concurso 2024 as seguintes:  

Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, unha praza do corpo de xestión (xubilación, situación actual sustitución vertical).

Xulgado de Paz de Cerceda, unha praza de auxilio, o titular foise en concurso de traslados, praza vacante.

Social 1 de Ferrol, unha praza de xestión, xubilación en decembro.

Fiscalía de área de Ferrol, unha praza de tramitación, xubilación en xaneiro.

Instrucción 3 de Ferrol, unha praza de tramitación, xubilación en xaneiro.

Social 2 de Ourense, unha praza de auxilio, xubilación en decembro.

Contencioso 2 de Ourense, unha praza de tramitación, xubilación en decembro.

Penal 2 de Ourense, unha praza de tramitación, xubilación en decembro.

Escrito presentado


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras