jueves, 31 de octubre de 2024

Actualización da normativa de vacacións, permisos e licenzas.

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

As  direccións territoriais da consellería son as competentes para a concesión das vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada sinalados nesta resolución.

Regúlanse os prazos de petición de solicitudes en relación a data de inicio do permiso ou licenza, sendo estos no mesmo día,cunha antelación de cinco días hábiles  ou quince días dependendo da solicitude.

Excepcionalmente, por motivos sobrevidos xustificados ou de acreditada urxencia, poderanse presentar peticións fóra dos prazos citados, coa obriga de comunicalo, verbalmente ou por outro medio, de xeito inmediato.

As solicitudes presentaránselle á unidade administrativa da respectiva oficina mediante os modelos telemáticos que se atopan na intranet xudicial, debendo o/a usuario/a cubrir todos os datos exixidos pola aplicación.

Regúlase a documentación exigida para a concesión dos permisos licenzas e reducción de xornada.

En realidade tratase dunha actualización do que viñamos facendo e que non se atopaba regulado.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras