Dende STAJ acabamos de presentar escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza instando o nomeamento de reforzo para o Penal 2 de Santiago de Compostela e a remisión ás organizacións sindicais dos reforzos nomeados dende o 1 de xullo de 2024.
Como xa é sabido, o Penal 2 de Santiago é o Xulgado encargado do axuizamento do caso Alvia. Na actualidade están tramitando os recursos da sentenza ante a Audiencia Provincial ao que se engade toda a carga de traballo acumulada que xa se sabe que soportan os Xulgados do Penal desta localidade. Solicitados os reforzos polos encargados dos xulgados, este sindicato non entende que non se nomeen sen dilación, debido ao momento no que se atopan coa instauración constante de novos programas informáticos que ralentizan o traballo deixando o mesmo persoal e lidiando co aumento de carga de traballo coa frustración de que non se doten de medios ás oficinas para poder compatibilizar o que supón o manexo das novas aplicacións procesuais (que cada unha vai polo seu camiño e hai que entrar varias veces e en cada unha delas constantemente para cada resolución que se tramita) coa tramitación pendiente sen que se faga un esforzo por parte da DXX no nomeamento do persoal de reforzo cando se xustifica e acredita polos Letrados de cada Xulgado.
No Penal 2 de Santiago contaban cunha persoa de apoio que marchou hai un mes e na actualidade non se nomeou a ninguén, deixando cunha man diante e outra detrás a este órgano que conta cunha persoa de reforzo menos que o Penal 1, que por fortuna ainda conserva, dado que a carga de traballo tamén lle chega a este xulgado.
A Letrada do Penal 2 xa solicitou á Dirección Xeral de Xustiza o nomeamento inmediato dunha persoa de reforzo, e este sindicato reitera o seu nomeamento sen dilación.
Dende o 1 de xullo do 2024 non se volveu remitir pola Dirección Xeral de Xustiza o cadro de reforzos vixentes actualizado.
Dende STAJ solicitamos:
- Nomeamento de persoal de reforzo para o Penal 2 de Santiago de Compostela. Solicitado pola Letrada
- Remisión ás organizacións sindicais dos reforzos vixentes en Galicia actualizados.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras