miércoles, 9 de octubre de 2024

STAJ solicita equipos e salas de videoconferencias

En  Galicia restan numerosos edificios xudiciais aínda sen sala exclusiva para videoconferencias ou exhortos, polo que nos xulgados situados nestes edificios só é posible realizar actuacións procesuais telemáticas nas salas de vistas, sexan actuacións do propio órgano xudicial ou de outros órganos xudiciais ou organismos.

Na práctica, isto supón a imposibilidade en moitas ocasións de levar a cabo as videoconferencias por falta de dispoñibilidade nas salas por estar ocupadas, o que, no caso dos exhortos, ten como consecuencia a devolución destes aos órganos exhortastes, é dicir, obriga a levar a cabo aos funcionarios un traballo inútil de emisión e devolución de exhortos que non se poden cumprir.

Outra consecuencia habitual é o retraso dos actos que se teñen que realizar por videoconferencia, porque moitas veces as actuación que se están a levar a cabo na sala de vistas non van en hora e non existen sistemas de videoconferencia alternativos, situación que se complica aínda máis se no órgano xudicial co que se pretende contactar tampouco teñen sala exclusiva para videoconferencias.

Moitos edificios xudiciais cabeceira de partidos xudiciais con un, dous, tres e catro xulgados mixtos, non teñen sistemas de videoconferencia distintos dos existentes nas salas de vistas, aínda que existen salas ou locais nos edificios que se poderían habilitar como sala de videoconferencias cun desembolso económico mínimo.

Coa entrada en vigor do Real Decreto-lei 6/2023, de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia en materia de servicio público de xustiza, función pública, réxime local y mecenazgo, as actuacións por medio de videoconferencia gañan moito peso no sistema xudicial, coas modificacións, por exemplo, do artigo 129 ou a introdución do artigo 137 bis na Lei de axuizamento civil e 258 bis da Lei de axuizamento criminal, que veñen incluso a dar prioridade ás actuacións telemática con respecto ás presenciais.

Estas modificacións normativas, encamiñadas a potenciar o uso das novas tecnoloxías na administración de xustiza, quedan sen posibilidade de aplicarse si os xulgados carecen dos medios técnicos para levalos a cabo.

Por todo o exposto, dende STAJ solicitamos que se habiliten nos edificios xudiciais onde aínda non existan, salas de exhortos ou videoconferencias  que se instalen equipos de videoconferencia, coa correspondente creación das direccións electrónicas para a conexión distintas das existentes para as salas de vistas, evitando desta forma que se suspendan ou retrasen actuacións xudiciais, de xeito que se permita aos órganos xudiciais adaptarse ás novas esixencias introducidas polo RD 6/2023 de 19 de decembro petición que dende STAJ levamos anos a facer e que agora reiteramos.

Escrito solicitude salas de videoconferencia

Xustificante de presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras